Sistema de indicadores da administración dixital - relacións coa cidadanía 2024

Descripción

O Sistema de indicadores da administración dixital (creado pola Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia) mide a evolución e o impacto do desenvolvemento dixital do sector público autonómico galego. Este sistema está constituído polos indicadores do funcionamento da propia Administración, a partir da información dispoñible nos sistemas e nas aplicacións que lle dan soporte á actividade dixital desta. O ficheiro en formato .ODS que poderá descargar nesta páxina contén datos: da sede electrónica (número de presentacións, número de accesoa á Carpeta cidadá e número de persoas interesadas con presentación na sede electrónica) do Sistema Único de Rexistro (anotacións, entradas, porcentaxe de entradas electrónicas...) do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal (número de notificacións electrónicas e número de persoas distintas con notificacións electrónicas) de acreditación dixital (número total de usuarios activos e número de usuarios dados de alta en Chave365) do Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (número total de poderes inscritos e número de poderes vixentes)

Distribuciones

  • Acceso a los datos application/vnd.oasis.opendocument.spreadsheet
    ODS

Información adicional

Fecha de creación 7/03/2024 23:00 (UTC)
Fecha última actualización 7/03/2024 23:00 (UTC)
Frecuencia de actualización

Mensual

Cobertura geográfica Galicia
Idiomas
  • Español
  • Gallego