Aviso legal

Este aviso legal recolle as condicións xerais que rexen o acceso e o uso do presente sitio web, do que son titulares a Secretaría de Estado de Función Pública do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública y Red.es.

O uso do sitio web implica a expresa e plena aceptación das presentes condicións xerais na versión publicada no momento en que o usuario acceda a este, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos contidos ou servizos concretos do sitio web.

Para os efectos do presente documento o "axente reutilizador" enténdese toda persoa, física ou xurídica que reutilice información do sector público, xa sexa para fins comerciais ou non comerciais.

Obrigatoriedade das condicións xerais.

As presentes condicións xerais, permanentemente dispoñible baixo datos.gob.es/gl/aviso-legal-gl, vincularán calquera axente reutilizador polo simple feito de facer uso dos documentos sometidos a elas.

Autorización de reutilización e cesión non exclusiva de dereitos de propiedade intelectual.

As presentes condicións xerais permiten a reutilización dos documentos sometidos a elas para fins comerciais e non-comerciais. Enténdese por reutilización o uso de documentos que obran en poder dos órganos da Administración Xeral do Estado e os demais organismos e entidades do sector público estatal mencionados no artigo 1.2 do Real Decreto 1495/2011, de 24 de outubro, polo que desenvolve a Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre a reutilización da información do sector público do Estado, por persoas físicas ou xurídicas, con fins comerciais ou non-comerciais, sempre que o devandito uso non constitúa unha actividade administrativa pública. A reutilización autorizada inclúe, a modo ilustrativo, actividades como a copia, difusión, modificación, adaptación, extracción, reordenación e combinación da información.

O concepto de documento é o establecido no anexo da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, polo que comprende toda información calquera que sexa o seu soporte material ou electrónico así como a súa forma de expresión gráfica, sonora ou en imaxe utilizada, incluíndo, en consecuencia, tamén os datos nos seus niveis máis desagregados ou “en bruto”.

Esta autorización leva consigo, así mesmo, a cesión gratuíta e non exclusiva dos dereitos de propiedade intelectual, se é o caso, correspondentes a tales documentos, autorizándose a realización de actividades de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación, necesarias para desenvolver a actividade de reutilización autorizada en calquera modalidade e baixo calquera formato, para todo o mundo e polo prazo máximo permitido pola Lei.

Condicións de reutilización.

Son de aplicación as seguintes condicións xerais para a reutilización dos documentos sometidos a elas:

  1. Está prohibido desnaturalizar o sentido da información.
  2. Debe citarse a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Este nomeamento se pode facer do seguinte xeito: "Fonte de datos: Secretaría de Estado de Función Pública do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública".
  3. Debe mencionarse a data da última actualización dos documentos obxecto da reutilización, sempre cando estivese incluída no documento orixinal.
  4. Non se poderá indicar, insinuar ou suxerir que a a Secretaría de Estado de Función Pública do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública titulares da información reutilizada participan, patrocinan ou apoian a reutilización que se leve a cabo con ela.
  5. Deben conservarse, non alterarse nin suprimirse os metadatos sobre a data de actualización e as condicións de reutilización aplicables incluídos, se é o caso, no documento posto a disposición para a súa reutilización.

Exclusión de responsabilidade.

A utilización dos conxuntos de datos realizarase por parte dos usuarios ou axentes da reutilización baixo a súa propia conta e risco, correspondéndolles en exclusiva a eles responder fronte a terceiros por danos que puidesen derivarse dela.

A Secretaría de Estado de Función Pública do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública non serán responsables do uso que da súa información fagan os axentes reutilizadores nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da información reutilizada.

A Secretaría de Estado de Función Pública do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública non garanten a continuidade na posta a disposición dos documentos reutilizables, nin en contido nin en forma, nin asume responsabilidades por calquera erro ou omisión contido neles.

Responsabilidade do axente reutilizador.

O axente reutilizador áchase sometido á normativa aplicable en materia de reutilización da información do sector público, incluíndo o réxime sancionador previsto no artigo 11 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.

Protección de datos de carácter persoal.

A entidade pública empresarial Red.es está comprometida a cumprir co Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), según o exposto na seguinte ligazón: Protección de datos de carácter persoal.

Modificacións.

Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, a Secretaría de Estado de Función Pública do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública resérvanse o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do sitio web, de forma unilateral.

Así mesmo, resérvase o dereito a modificar en calquera momento as presentes condicións de uso, así como calquera outra condición particular.

Hiperenlaces.

Os hiperenlaces contidos no sitio web poden dirixir a páxinas web de terceiros. A Secretaría de Estado de Función Pública do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública non asumen ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer nos devanditos sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación ningunha entre as Secretarías de Estado de Función Pública e Sociedade da Información e a Axenda Dixital e as persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se encontren.

Versión multilinguaxe.

O presente sitio web está traducido a varias linguas españolas oficiais nos seus respectivos territorios, de conformidade co establecido no artigo 3 da Constitución Española de 1978 e os seus Estatutos de autonomía. As linguas son o catalán, o éuscaro e o galego. Tamén está traducido a unha lingua estranxeira, inglés.

O contido do portal está traducido a diferentes niveis de profundidade. Inclúense traducións dos menús de navegación, textos estáticos e aqueles contidos cuxa orixe e frecuencia de actualización posibilite a súa tradución.

Advírtese que con carácter xeral, pode existir un desfase entre a versión en castelán e nas outras linguas, derivadas do proceso de tradución a estas.