Informa sobre

Datos.gob.es é punto de encontro entre os diferentes actores que forman parte do ecosistema dos datos abertos: administracións públicas, infomediarios e usuarios. Por iso, queremos ofrecervos unha plataforma que sexa útil para todos eles, que sirva tanto de punto de localización e entrada aos datos dispoñibles, así como de escaparate ás aplicacións e modelos de negocio que están a traballar xa con datos abertos.

Para que isto sexa posible, puxemos á vosa disposición esta sección dende a que podemos establecer comunicación de xeito sinxelo e sen necesidade de rexistro previo. A continuación, podedes encontrar diferentes formularios en función do tipo de comunicación que queirades realizar. Estes formularios permítenvos publicar aplicacións ou casos de éxito na plataforma sen necesidade de rexistro previo, así como realizar peticións de datos que serán atendidas directamente polos organismos xestores da devandita información ou enviarnos suxestións ou melloras acerca da plataforma ou da Iniciativa Aporta.