Que facemos
Datos.gob.es arrinca en 2011 para promocionar a apertura da información pública e o desenvolvemento de servizos avanzados baseados en datos. É promovida polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública a través da Entidade Pública Empresarial Red.es.
A plataforma desenvólvese no marco da Iniciativa Aporta, que xorde como resposta ó marco lexislativo vixente. Articúlase en sete liñas de actuación (véxase a continuación) que teñen o seu reflexo en datos.gob.es. A plataforma preséntase como un punto de encontro entre as administracións, as empresas e a cidadanía que forman parte do ecosistema dos datos en España.
A Iniciativa Aporta, elemento clave da política de datos do Goberno de España, ten como obxectivo principal a harmonización e o aproveitamento eficiente das sinerxías entre os proxectos de datos que xa están en marcha. Búscase o impulso e a coordinación das accións que se desenvolven nos diferentes niveis da administración, o sector privado e o ámbito académico, seguindo un modelo de gobernanza integrador. Todo iso co fin de promover novos produtos e servizos por parte do sector privado e a sociedade civil en beneficio da sociedade.
Presentación (descargar)
Infografía (abrir nunha nova xanela)
Video (visualizar)
Carta de servizos (descargar)
Destinatarios
A Iniciativa Aporta e datos.gob.es están dirixidos a todos os axentes do ecosistema dos datos:
Usuarios, cidadáns ou profesionais que demandan datos e/ou queren coñecer novidades, aplicacións ou servizos relacionados con eles.
Organismos públicos que proporcionan e utilizan datos públicos, e que queren estar ao tanto de novidades do sector.
Reutilizadores e infomediarios que precisan fontes de datos para crean produtos e servizos que queren dar a coñecer.
Liñas de actuación
Esta iniciativa desenvólvese ó redor de sete liñas de actuación:
Sensibilización
Análise e estatísticas
Regulación
Cooperación nacional
Cooperación internacional
Catálogo Nacional e soporte
Apoio á innovación
Sensibilización
As accións de sensibilización teñen como obxectivo incentivar a apertura de datos de calidade e fomentar a súa reutilización para o desenvolvemento de servizos avanzados baseados en datos.
Os obxectivos que se perseguen son os seguintes:
Fomentar a interacción entre os actores do ecosistema de datos abertos, tanto a nivel nacional como internacional.
Concienciar sobre o valor dos datos públicos e da súa reutilización, especialmente nos sectores onde a innovación baseada en datos é un elemento clave.
Orientar ós publicadores e reutilizadores nas mellores prácticas para asegurar o éxito das súas actuacións baseadas en datos.
Identificar e difundir modelos de negocio de empresas reutilizadoras, casos de éxito etc. para favorecer a extrapolación de prácticas exitosas.
Revalorizar o esforzo que os empregados públicos realizan en poñer ó dispor tódolos datos que se xeran froito da súa actividade.
Situar a datos.gob.es como líder de referencia na difusión de coñecemento sobre aspectos que teñen que ver coa economía do dato e a reutilización de datos públicos.
Para acadar estes obxectivos, desenvólvense diversas actuacións:
A través da plataforma datos.gob.es, publícanse noticias de actualidade, novidades sobre a innovación e os datos, proxectos destacados de empresas reutilizadoras, guías de referencia e informes ligados ás novas tendencias/desafíos no mundo dos datos.
Participación en encontros, conferencias e mesas, tanto organizados polo equipo de datos.gob.es como por outras entidades.
Organización de sesións de sensibilización e formación, propias ou en colaboración con outras institucións.
Difusión de novidades e avances nacionais e internacionais ligados a datos, a través dos perfís en redes sociais LinkedIn, X (@datosgob) e Instagram (datosgob).
Análise e estatísticas
O equipo de datos.gob.es realiza un seguimento constante da actividade realizada con datos abertos en España, compartindo información a través de diferentes canles:
Particípase en cuestionarios e estudos internacionais que ofrecen unha visión global do estado da apertura e reutilización de datos públicos en España.
O Mapa das iniciativas de datos abertos en España permite consultar as iniciativas activas, as súas características e acceder ós seus respectivos espazos web.
Mantense actualizado o Catálogo de aplicacións e un Catálogo de empresas; ambos recollen exemplos de solucións e servizos baseados en datos, reflectindo a diversidade e dinamismo do sector.
En colaboración co Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade de Información (ONTSI) analízanse as empresas que reutilizan información do sector público, xa sexa como actividade principal ou como liña de negocio específica.
Cooperación nacional
A cooperación a nivel nacional é esencial para lograr un maior impacto e cohesión nas políticas de apertura e reutilización de datos públicos. Para iso:
Trabállase coas Comunidades Autónomas e entidades locais a través de mecanismos establecidos, como conferencias sectoriais e grupos de traballo.
Créanse grupos de cooperación informais que promoven a reutilización de información pública en función de intereses comúns do sector público e privado.
Formalízanse acordos bilaterais con entidades clave; os resultados intégranse en datos.gob.es.
Poténciase a colaboración co sector privado mediante grupos de traballo consultivos, orientados a maximizar o impacto da apertura de datos.
Cooperación internacional
No seu labor de cooperación internacional, o equipo datos.gob.es busca contribuír coa experiencia na definición de políticas e estratexias internacionais. Neste ámbito:
Particípase en foros como o Public Sector Information Group da Comisión Europea, o grupo do Open Government Data da OCDE, os foros técnicos SEMIC e os grupos de traballo do European Data Portal.
Regulación
A regulación é un piar fundamental para garantir unha apertura eficaz e sostible da información do sector público. Neste sentido, o equipo de datos.gob.es ofrece as súas achegas ás propostas normativas de carácter nacional e internacional dirixidas a facilitar o acceso a datos públicos de calidade, priorizando aqueles de alto valor. Entre outras, aténdese a consultas públicas dirixidas á definición de:
Normas técnicas ligadas a datos do Esquema Nacional de Interoperabilidade ou ás normas UNE.
Leis e reais decretos nacionais, especialmente relacionados coa transposición da regulación europea.
Directivas da Unión Europea.
Catálogo Nacional e soporte
O Catálogo Nacional, integrado en datos.gob.es, constitúe o núcleo da plataforma, e preséntase como:
Punto único de acceso ós datos abertos que publica a administración pública española.
Ferramenta de mellora da visibilidade e acceso a catálogos autonómicos e locais, entre outros.
Canle de comunicación co portal de datos da Unión Europea.
Ademais, ofrécese un servizo continuo de soporte a publicadores e usuarios.
Apoio á innovación
A innovación é un eixe estratéxico para maximizar o impacto da apertura de datos. Datos.gob.es impulsa a creación de contidos e o desenvolvemento de actuacións innovadoras mediante:
Publicación de contidos no blog de innovación elaborados por expertos de recoñecido prestixio no mundo dos datos.
Exercicios paso a paso de ciencia de datos baseados nas últimas tendencias.
Organización de Desafíos Aporta, competicións abertas de ideas e solucións baseadas en datos.
document.addEventListener('DOMContentLoaded', () => {
// Initially hide all sections
const sections = document.querySelectorAll('.linias-actuacion-section');
sections.forEach(section => section.style.display = 'none');
// Display the first tab's section by default (tabs-1)
const defaultSection = document.getElementById('tabs-1');
if (defaultSection) {
defaultSection.style.display = 'block';
}
// Function to show the relevant section and set active tab
window.showSection = (sectionId, element) => {
// Hide all sections
sections.forEach(section => section.style.display = 'none');
// Display the selected section
const selectedSection = document.getElementById(sectionId);
if (selectedSection) {
selectedSection.style.display = 'block';
}
// Remove "active" class from all `.section-links__content` elements
const linkContents = document.querySelectorAll('.section-links__content');
linkContents.forEach(linkContent => linkContent.classList.remove('active'));
// Add "active" class to the parent of the 's parent (i.e., .section-links__content)
const parentContent = element.closest('.section-links__content');
if (parentContent) {
parentContent.classList.add('active');
} else {
console.warn('Parent .section-links__content not found for:', element);
}
};
});
Páxina básica
¿Quieres darte de baja del Boletín?
Si quieres darte de baja del boletín electrónico de novedades de datos.gob.es, introduce tu dirección de correo electrónico en el formulario situado en esta página y selecciona la opción "Cancelar la suscripción".
Podrás volver a darte de alta de nuevo cuando lo desees accediendo aquí.
Preguntas frecuentes
¿Quieres recibir las últimas novedades del sector de la reutilización de la información del sector público?
Datos.gob.es te invita a que te suscribas a su servicio de boletín electrónico donde podrás encontrar información interesante sobre tendencias de actualidad en materia de datos y de datos abiertos.Introduce tu dirección de correo electrónico en el formulario que puedes encontrar aquí. La frecuencia de envío habitual es de 2 envíos mensuales.
Preguntas frecuentes
¿Quién necesita crear una cuenta en datos.gob.es?
El registro de usuarios solo está disponible para organizaciones que publican datos abiertos y sirve para realizar su carga en esta plataforma.
El uso de los datos abiertos publicados en datos.gob.es es libre y no requiere ningún registro.
Preguntas frecuentes