Accesibilidade
Red.es entidade pública empresarial do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública que depende da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial comprometeuse a facer accesible o seu sitio web, de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Situación de cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme co RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican no seguinte punto.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
Falta de conformidade co RD 1112/2018
Algúns botóns non teñen alternativas textuais [9.1.1.1 contido non textual].
As instrucións achegadas para entender e operar o contido non dependen exclusivamente nas características sensoriais de compoñentes como a forma, tamaño, posición visual, orientación ou son [9.1.3.3 características sensoriais].
Algunhas imaxes non aparecen ó cambiar a orientación de horizontal a vertical [9.1.3.4 orientación].
Ó ampliar ó 200 % o texto perde contido ou funcionalidade [9.1.4.4 cambio de tamaño do texto].
Do mesmo modo, tamén se detectou que ó aplicar un zoom do 400 % pódese perder información e funcionalidade [9.1.4.10 reaxuste do texto].
Detectouse que non se pode acceder a certos apartados ou botóns a través da interface de teclado [9.2.1.1 teclado].
En certos elementos non é posíbel diferenciar con claridade debido ó contraste [9.2.4.7 foco visible].
Identificáronse contidos non textuais que non conteñen as etiquetas correspondentes de nome, atributo ou valor [9.4.1.2 nome, función, valor].
Carga desproporcionada
Non aplica.
O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
Poderían existir arquivos ofimáticos en PDF ou outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se procurou que a maioría deles si o cumpran.
Preparación da seguinte declaración de accesibilidade
A presente declaración foi preparada o 06 de xuño de 2020.
O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo propio organismo.
A Declaración de Accesibilidade foi revisada e actualizada en agosto de 2025.
Observacions e datos de contacto
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) por exemplo:
Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
Transmitir outras dificultades de acceso ao contido
Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web
A través do formulario deste sitio web ou a través do número de teléfono (+34) 91 212 76 20.
Pode presentar:
Queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018 ou
Solicitude de Información accesible relativa a:
Contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido polo artigo 3, apartado 4
Contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñer unha carga desproporcionada.
Na Solicitude de información accesible, débese concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.
As queixas e reclamacións sobre información accesible realizaranse a través da sede electrónica (https://sede.red.gob.es/procedimientos/quejas-y-sugerencias), e serán recibidas e tratadas pola área de Sistemas da Información de Red.es.
Procedemento de aplicación
Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderase iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.
A reclamación pode ser presentada través da Instancia Xenérica da Sede electrónica do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, así como no resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Subdirección Xeral de Inspección de Servizos do Ministerio.
Contido opcional
Este portal está deseñado para poder cambiar o tamaño do texto e a cor, así como o fondo da páxina mediante as opcións de configuración estándar dos navegadores.
Se desexa cambiar o tamaño de letra do texto nos principais navegadores gráficos utilice os seguintes menús:
Internet Explorer, Mozilla e Firefox: Ver > Tamaño do texto
Opera: Ver > Zoom
Safari: Ver > Facer o texto máis grande
Chrome: Controla a páxina actual > Tamaño do texto
Para modificar o tamaño de todo na páxina:
Ctrl + + para aumentalo
Ctrl + - para diminuílo
Ctrl + 0 restaura o tamaño orixinal do texto
Se o que quere é anular a folla de estilos ou modificar a cor do texto, pode consultar a páxina "How to Change Text Size or Colors da WAI", que se pode ler traducida ao castelán en "¿Cómo cambiar el tamaño del texto o colores?"
Páxina básica
Acceso a la base de datos de productos fitosanitarios
El ministerio tiene el papel de actualizar, mantener y vigilar el registro de productos fitosanitarios. Un acceso ágil a esa información es un punto crítico para el desempeño de la actividad agraria de un modo responsable, respetuoso con el medio ambiente y dentro de la legislación vigente.
Petición de datos
Accidentes en Madrid
Estamos realizando un estudio sobre la predicción de accidentes en Madrid, hemos utilizado el conjunto de datos Tráfico Calle 3o. Histórico de incidencias y accidentes, Listado_Accidentes2019 descargado del portal de datos.gob.es.
Necesitamos para confeccionar el modelo final, conocer la nomenclarura de los siguientes campos:
Petición de datos
Acciones europeas de apoyo y coordinación para el despliegue de Espacios de Datos
El dato se ha convertido en el gran poder transformador de la sociedad. Más allá de la visión más mercantilista, su capacidad para generar conocimiento, impulsar la innovación y empoderar a los individuos y las comunidades es innegable.
Blog
Acelera Pyme, el punto de encuentro para impulsar la transformación digital en pequeñas y medianas empresas
Las pequeñas y medianas empresas (pymes) tienen un gran peso en la economía española. El 99% de las empresas de nuestro país cuentan con menos de 50 trabajadores, y suponen el 50% del empleo.
Noticia
Aceleración de la transición energética gracias a los datos abiertos
Aspectos tan relevantes de nuestra sociedad como la sostenibilidad medioambiental, la mitigación del cambio climático o la seguridad energética han motivado que la transición energética adquiera un papel muy relevante en el día a día de naciones, organismos privados y públicos, e incluso en nuestras vidas cotidianas co
Blog