A través de Servizos no mapa a Xunta de Galicia difunde unha serie de servizos xeolocalizados no mapa para facilitar a súa localización por parte dos cidadáns. Nel, intégrase unha área específica que recolle todos aqueles recursos que as distintas administracións (autonómica, local, estatal...) poñen ao servizo das vítimas de violencia de xénero nos eidos social, sanitario, xurídico e das forzas e corpos de seguridade. O arquivo .zip contén os arquivos .kml que se utilizan para xeorreferenciar boa parte destes recursos (complementando así a outros que xa formaban parte de Servizos no mapa antes da creación de "Área de violencia de xénero"). A seguinte táboa facilita, á súa vez, a descarga do ficheiro que contén os datos específicos de cada tipo de recurso, seguindo a mesma navegación que se establece no mapa: