Relación das aulas públicas que conforman a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) de Galicia. Desde estes centros, impulsados pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, promóvense actividades formativas e divulgativas que teñen como finalidade promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os/ás profesionais galegos/as e mostrar ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información. A rede CeMIT votou a andar en marzo de 2011 e está integrada hoxe por 96 aulas distribuídas por toda a xeografía galega, de tal xeito que cada galego/a ten un aula a media hora de distancia do seu fogar e pode acceder á formación desde calquera punto. Os arquivos .csv e .kml conteñen os seguintes datos de cada centro: nome, concello, código postal, provincia, enderezo, teléfono, fax, horario, correo electrónico, ficha do centro no portal https://cemit.xunta.gal (onde poden verse as súas actividades) e coordenadas de xeorreferenciación. Ver en Servizos no mapa