Calendario de festivos hábiles para a práctica comercial 2017

Descrición

A Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, determina que os domingos e días festivos nos que os establecementos comerciais poden permanecer abertos ao público serán, como máximo, dez ao ano. Os determinados para a apertura en 2017 poden consultarse neste calendario, dispoñible en formato .csv, .ods, .xlsx e tamén no estándar iCalendar, que lle permite ao usuario subscribirse aos datos de forma que poida aplicalos a un calendario (do seu ordenador, dispositivo móbil...). Os festivos de 2017 veñen determinados pola Orde do 27 de setembro de 2016 pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2017, posteriormente modificada pola Resolución do 7 de decembro de 2016 que, a solicitude dos respectivos concellos, modifica os días hábiles en Arteixo, Betanzos e Culleredo.

Distribucións

  • Descarga do ficheiro en formato .csv text/csv
    CSV
    1024 Bytes
  • Descarga do ficheiro en formato .ics - versión para aplicar ao seu calendario text/calendar
    Calendar
    3072 Bytes
  • Descarga do ficheiro en formato .ods application/vnd.oasis.opendocument.spreadsheet
    ODS
    4096 Bytes
  • Descarga do ficheiro en formato .xlsx application/vnd.ms-excel
    XLS
    19456 Bytes

Información adicional

Data de creación 12/10/2016 22:00 (UTC)
Data da última actualización 13/12/2016 23:00 (UTC)
Frecuencia de actualización

Anual

Cobertura xeográfica Galicia
Idiomas
  • Español
  • Galego