Standard Dataset

Calendario de festivos hábiles para a práctica comercial 2023

Descrición

A Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, determina que os domingos e días festivos nos que os establecementos comerciais poden permanecer abertos ao público serán, como máximo, dez ao ano. Os determinados para a apertura en 2023 poden consultarse neste calendario, dispoñible en formato .csv, .ods, .xlsx e tamén no estándar iCalendar, que lle permite á persoa usuaria subscribirse aos datos de forma que poida aplicalos a un calendario (do seu ordenador, dispositivo móbil...). Os festivos de 2023 veñen determinados pola Orde do 16 de setembro de 2022, pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2023 (para todos os concellos de Galicia coa excepción do sinalado na Resolución do 21 de novembro de 2022).