Standard Dataset

Calendario laboral 2014

Descrición

Calendario laboral para o ano 2014 na Comunidade autónoma de Galicia. Recolle todos os festivos que sinala o Decreto 127/2013, do 1 de agosto, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2014 e tamén os festivos locais que determina a Resolución do 11 de novembro de 2013. Está dispoñible en formato .csv, .ods e .xlsx e tamén no estándar iCalendar (.ics) que lle permite ao usuario subscribirse aos datos de forma que poida aplicalos a un calendario (do seu ordenador, dispositivo móbil...).