Directorio Oficial da Xunta de Galicia

Descrición

O Directorio Oficial da Xunta de Galicia (DIROF) constitúe o esquema completo da composición das estruturas orgánicas da Xunta de Galicia, incluíndo a relación de unidades orgánicas e as súas oficinas asociadas. Está integrado no DIR3, o Directorio Común de Unidades Orgánicas e Oficinas, de ámbito estatal. No DIR3 a Comunidade Autónoma de Galicia figura no nivel 1 e a Xunta de Galicia no nivel 2. No DIROF recóllense as unidades de nivel inferior ao 2 que teñen como unidade superior a Xunta de Galicia. Os datos inclúen o código (columna A), o nome da unidade orgánica ou oficina asociada (B), o nivel (C), a orde (D), o código da unidade superior (E) e o nome da unidade superior (F).

Distribucións

  • Descarga os datos application/vnd.oasis.opendocument.spreadsheet
    ODS
    121856 Bytes
  • Descarga os datos text/csv
    CSV
    636928 Bytes
  • Descarga os datos application/vnd.ms-excel
    XLS
    211968 Bytes

Información adicional

Data de creación 14/11/2016 23:00 (UTC)
Data da última actualización 6/04/2025 22:00 (UTC)
Cobertura xeográfica Galicia
Idiomas
  • Español
  • Galego