Standard Dataset

Eleccións ao Parlamento de Galicia - resultados 2001

Descrición

Resultados definitivos das eleccións ao Parlamento de Galicia que tiveron lugar na data do 21 de outubro de 2001. Os datos están agrupados por concellos e dispoñibles en formato .csv e .xls A información distribúese nos seguintes campos: código da provincia, nome da provincia, código do municipio, nome do municipio, censo, votos emitidos, abstención, votos en branco, votos nulos, votos a candidaturas, votos válidos e número de votos obtidos por cada candidatura. Tamén se poden consultar, coa mesma estrutura de datos e os mesmos formatos, aos resultados das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005, 2009 e 2012.