Resultados definitivos das eleccións ao Parlamento de Galicia que tiveron lugar na data do 25 de setembro de 2016. Os datos están agrupados en ficheiros distintos, un por concellos e outro por mesas electorais, cada un deles en dispoñible en formato .csv ou .xls No primeiro caso, a información distribúese nos seguintes campos: código da provincia, nome da provincia, código do municipio, nome do municipio, censo, votos emitidos, abstención, votos en branco, votos nulos, votos a candidaturas, votos válidos e número de votos obtidos por cada candidatura. O ficheiro que contén os datos das mesas electorais inclúe, a maiores dos anteriores campos, os de distrito, sección e mesa. Tamén poden acceder, coa mesma estrutura de datos e os mesmos formatos, aos resultados das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2001, 2009 , 2005 e 2012.