Standard Dataset

Enquisa estrutural a fogares. Ocio e hábitos culturais. Ano 2014

Descrición

A Enquisa estrutural a fogares (EEF) é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas, e unha segunda de carácter específico. O módulo específico de 2014 está dedicado ao ocio e hábitos culturais. Este módulo ten como obxectivo coñecer os hábitos culturais e de lecer da poboación galega.