Punto de acceso SPARQL que permite realizar consultas avanzadas sobre os fondos da Biblioteca Dixital de Galicia. SPARQL é o acrónimo de Protocolo Simple e Linguaxe de Consulta de RDF, unha tecnoloxía que permite realizar consultas sobre información expresada en RDF (linguaxe de descripción do W3C) a partir de distintas fontes de datos. Este punto de consulta SPARQL permite, en concreto, obter datos nos seguintes formatos de saída: HTML, XML, JSON, JSON-LD, Notation 3/ TURTLE, CSV (valores separados por comas) e TSV (valores separados por tabulador). Na páxina de datos abertos da Biblioteca Dixital de Galicia https://datos-abertos.galiciana.gal pode tamén consultar: A Biblioteca Dixital de Galicia ou Galiciana é un proxecto que ten como obxectivo a dixitalización dos fondos bibliográficos máis relevantes para Galicia. A súa finalidade é lograr a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe en día (Hispana e Europena). Galiciana integra actualmente, ademais de fondos propios da Biblioteca de Galicia, obras dixitalizadas en colaboración coas principais bibliotecas patrimoniais galegas. Nela pódense consultar recursos dixitalizados en institucións como a Universidade de Santiago de Compostela, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Penzol de Vigo, a Real Academia Galega, o Seminario de Mondoñedo ou a Biblioteca de Estudos Locais da Coruña.