Interface de programación de aplicacións para descarga de táboas do IGE

Descrición

O Instituto Galego de Estatística (IGE) expón a súa información a través dunha Interface de Programación de Aplicacións (API) para mellorar o acceso aos seus datos e fomentar a súa reutilización. Estes, están accesibles a través dunha petición HTTP GET, a partir da cal persoas e/ou empresas que desenvolven software poden obter información do Instituto para integrala nos seus propios servizos. Desta forma, o IGE ofrece a posibilidade de configurar a información que cada usuario precise sobre unha url desde a cal pode ter acceso aos datos que escolleu previamente. A partir desa url tamén poderá xerar outras similares con diferentes extraccións de datos, simplemente cambiando algún parámetro. A API para descarga de táboas do IGE ofrece datos sobre: A utilización desta API leva implícita a aceptación das condicións de uso que o IGE especifica nesta páxina, na que tamén se recollen exemplos de uso dos formatos de resposta que se ofrecen (JSON e CSV) e unha descrición da estrutura dos ficheiros.

Distribucións

Información adicional

Data de creación 17/03/2014 23:00 (UTC)
Data da última actualización 17/03/2014 23:00 (UTC)
Cobertura xeográfica Galicia
Idiomas
  • Español
  • Galego