Xeolocalización dos museos e coleccións visitables que forman parte do Sistema Galego de Museos. Os ficheiros inclúen información sobre a xeolocalización de cada centro, ademais de enderezo postal, enderezo web e teléfono, fax e correo electrónico de contacto, ademais de indicar cales son xestionados pola Administración autonómica. O Sistema Galego de Museos está integrado por museos e coleccións visitables, de diversas titularidades e tipoloxías. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades coordina o Sistema e é quen autoriza a creación dun museo ou colección visitable dentro da Comunidade Autónoma Galega. No portal web museos.xunta.gal atópase información sobre que é un museo e que é unha colección visitable, así como fichas de cada centro cun presentación, galería de imaxes, horario de apertura, prezos e outras indicacións. Ver en Servizos no mapa