Standard Dataset

Praias galegas con bandeira azul en 2016

Descrición

Relación e localización dos 119 areais galegos con distinción de bandeira azul en 2016. O ficheiro .csv contén as referencias do nome da praia, o lugar, parroquia, concello e provincia no que se atopa, o tipo de ocupación que presenta na época estival (alta, baixa ou media), o tipo de praia (resgardada ou aberta) e o tipo de area que presenta (fina, grosa ou cantos rodados), así como a súa lonxitude en metros, coordenadas de xeolocalización e páxina web onde obter máis información do areal. A partir desta última referencia web pódese ampliar a información coa que proporciona a Axencia de Turismo de Galicia no seu portal.