Servidor THREDDS de MeteoGalicia
Descrición
THREDDS é unha ferramenta que permite a consulta e/ou descarga vía web dos resultados dos modelos numéricos executados operativamente polo departamento de Investigación Numérica de MeteoGalicia. Os formatos orixinais dos datos presentados son os que habitualmente usa a comunidade científica nestes eidos, xa que permiten a multidimensión e son, por exemplo, NetCDF, GRIB ou HDF. Nesta ligazón pódese consultar unha descrición máis completa destes formatos. THREDDS proporciona tamén diferentes protocolos de acceso aos datos (OPENDAP, HTTPServer, WCS, NetcdfSubset e/ou WMS), algún dos cales permite a descarga dos resultados finais en formato .CSV ou .XML
Formato |
|
---|