Sistema de indicadores da administración dixital - consultas a servizos de interoperabilidade 2022

Descrición

O Sistema de indicadores da administración dixital (creado pola Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia) mide a evolución e o impacto do desenvolvemento dixital do sector público autonómico galego. Este sistema está constituído polos indicadores do funcionamento da propia Administración, a partir da información dispoñible nos sistemas e nas aplicacións que lle dan soporte á actividade dixital desta. O ficheiro en formato .ODS que poderá descargar nesta páxina contén datos das consultas realizadas a servizos de interoperabilidade a través de pasaXe!, diferenciados en canto a servizos concretos da Administración xeral do Estado, da Administración pública galega e dos doutras comunidades autónomas.

Distribucións

  • Acceso aos datos application/vnd.oasis.opendocument.spreadsheet
    ODS

Información adicional

Data de creación 2/05/2022 22:00 (UTC)
Data da última actualización 14/06/2025 22:00 (UTC)
Frecuencia de actualización

Mensual

Cobertura xeográfica Galicia
Idiomas
  • Español
  • Galego