Localización e datos de contacto dos auditorios, teatros, salas e salóns de actos incluídos na Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), ademais do Salón Teatro. Os ficheiros inclúen información sobre o nome, localización e aforamento de cada espazo, ademais de enderezo postal, enderezo web, teléfono e correo electrónico de contacto. Desde a súa creación en 1996, a RGTA consolidouse como o principal circuíto para a exhibición da produción escénica galega de carácter profesional. A rede está integrada por espazos escénicos de titularidade pública. No portal web https://industriasculturais.xunta.gal pódese consultar a programación de artes escénicas incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios. Tamén se pode atopar información doutras redes de exhibición de producións escénicas e musicais. Os datos poden exportarse en formatos KML, CSV, ODS e XLSX. Ver en Servizos no mapa