Aquí poderás descargar en formato CSV os nomes oficiais das provincias, concellos, parroquias e entidades de poboación de Galicia aprobados no Consello da Xunta de Galicia o día 30 de marzo de 2026. Esta nova versión do Nomenclátor de Galicia aparece publicada no DOG do día 10 de abril do 2026 a través do Decreto 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia. O novo Nomenclátor 2026 conta cun total de 42.212 topónimos, pero esta listaxe de nomes oficiais non é a definitiva, senón que está en constante revisión e actualización por parte do grupo de expertos en toponimia do Seminario de Onomástica da RAG. O obxectivo é poder ofrecer cada certo tempo unha nova edición actualizada desta complexa e laboriosa obra en función das novas investigacións filolóxicas e dos cambios xeográfico-adminsitrativos que se vaian producindo na ordenación do territorio galego. A toponimia oficial elaborouse con base nos principios normativos seguintes: