No Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RGEEE) inscríbense os certificados de eficiencia enerxética dos edificios incluídos no ámbito de aplicación do Real Decreto 235/2013, de 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios. A través del, tamén se dá cumprimento ás esixencias de información que se estableceron na Directiva 2010/31/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de maio de 2010, relativa á eficiencia enerxética dos edificios. O rexistro ten carácter público e serve para dar acceso á información contida na etiqueta enerxética de todos aqueles inmobles que teñan inscrito nel o seu certificado de eficiencia enerxética. Os datos que poden descargarse nas ligazóns superiores son os relativos ás inscricións realizadas despois do 1 de xuño de 2015. Para os datos das anteriores pode consultarse esta ligazón.