Indicadores de Desenvolvemento Sustentable de Galicia

Descrición

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable foi firmada no ano 2015 por todos os países membros das Nacións Unidas e representa o compromiso internacional para facer fronte aos retos sociais, económicos e ambientais da globalización, poñendo no centro ás persoas, o planeta, a prosperidade, a paz e as alianzas, baixo o lema de non deixar a ninguén atrás. O núcleo da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable son os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Trátase de 17 obxectivos concretados en 169 metas de carácter universal, integrado e indivisible, que constitúen un ambicioso plan de acción cara ao desenvolvemento sustentable que ten que ser alcanzado antes do ano 2030. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que estes 17 obxectivos e 169 metas foran obxecto de seguimento utilizando o marco de indicadores proposto pola Comisión de Estatística das Nacións Unidas, actualmente formado por 248 indicadores (231 indicadores diferentes, xa que algúns indicadores se repiten). Na estatística de síntese Indicadores estatísticos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable en Galicia, proporciónanse series de datos estatísticos procedentes de fontes de información oficiais que permiten medir a nivel autonómico os indicadores definidos polas Nacións Unidas. Existen obxectivos e metas para os que aínda non se dispón de ningunha serie de datos que permita monitorizar a súa evolución, pero iranse incorporando de forma progresiva a medida que se analicen as diferentes fontes de información oficiais dispoñibles ou se acometan novas estatísticas destinadas a satisfacer aquelas necesidades sobre as que actualmente non existe información.

Distribucións

  • Acceso aos datos en xlsx con formato SDMX (estándar para o intercambio de datos e metadatos estatísticos) application/vnd.ms-excel
    XLS
    1667235 Bytes
  • Acceso aos datos en xlsx en castelán application/vnd.ms-excel
    XLS
    662528 Bytes
  • Acceso aos datos en xlsx en galego application/vnd.ms-excel
    XLS
    753664 Bytes

Información adicional